@ Cousas do vituko

E pur si muove...

É latín. Pedante?

Eche así o conto, non, non falo latín.

Tiven clase de latín, non foi en Pantín.

Mais non fun, unha lingua morta? Arrogante?

Lembro que nun día preparei unha chuleta, declinacións, tempos verbais... e tocou o flautín!

E así e todo, traducir nunha lingua descoñecida, por moita chuleta, non é cousa fácil.

A única chuleta da miña vida, que lembre.

Aprobei, me aprobaron? Quen sabe.

Moverse se move, non? Parece moverse, estará vivo?

É latín, mais é xa universal, de todas as linguas (xurídica incluída).

É o símbolo da luz sobre a sombra, a verdade... viva.

A primeira vista podería parecer a victoria da ciencia sobre a relixión.

As apariencias enganan.

Conta o mito que primeiro renegou (Galileo Galilei, XVI-XVIINota), quixo salvar o pelexo, logo murmurou. Non é moi heroico de primeiras, non, quen vai xulgar? Quizais foi a maneira de enterrar tamén o mito, da sombra tamén.

Verdade viva. Por que viva?

Porque os relatos poden se achegar á verdade, mais á inversa...

O que hoxe honra á verdade, mañá pode que non, os contos, contos son.

Eu coido que o oposto á verdade non é a mentira, a mentira é unha sombra, pra facer sombra, precísase dun corpo, un que tape a luz... asique no mundo dos contos, pra dilucidar a verdade, hai que fixar a atención no poder.

Eu vexo unha constante na historia. Ciclos tras ciclos nos que xurden ideas que renovan, revitalizan, reconcilian coa verdade, revelan tramoias manipulativas, traen xustiza, pouco a pouco son fixadas, ensombrecidas, utilizadas polo poder, adaptadas a unha nova escenografía, verdades mortas, tempos escuros, volta a comezar.

Poder, poder, pero que carallo é eso do poder? Políticos? Aristocracia? Burgueses? Xudíos? Banqueiros? Capitalistas? Masóns? Reptilianos? Outros extraterrestres? O Vaticano?. Máis adiante.

Por partes, móvese, que se move? No contexto de Galileo, a Terra, dicía. Non era novidade evidentemente esa afirmación, limitándonos ó ámbito erudito (escrito) occidental, máis de dous mil anos pasaron dende a Grecia clásica na que, ate o radio terrestre quedara medido.

Pero entón, por que un tal Giordano Belarmino pasou á historia por inquisidor que procesa a Galileo e xa antes a Giordano Bruno, este sin desdicirse, queimado vivo:

Tremedes máis vós anunciando a sentencia que eu recibíndoa.

Non se trata de contradicir un dogma, iso é unha mera xustificación, trátase de cuestionar un poder, de non comulgar con el, de non someterse, de o desafiar.

Asique plantexar o asunto en termos de enfrontamento dialéctico, ciencia contra relixión, manda o tiro ben desviado, se ben hacia o mesmo sector.

Honestidade contra mezquindade, velaí a cuestión.

Algunhas citas de Galileo, ó chou, collidas directamente da Wikipedia:

No tocante á ciencia, a autoridade dun milleiro non é superior ó humilde razoamento dunha soa persoa.
A dúbida é a nai da invención.
A millor ciencia non se aprende nos libros; o sabio máis grande e millor mestre é a natureza.
Non se pode ensinar nada a un home; só se lle pode axudar a atopar a resposta dentro de si mesmo.

Ben, este é un dos pais da ciencia moderna. Ciencia é método científico, poñer todo en cuestión. Bueno era, igual que relixión era un corpo de dogmas, dito palabra de Deus, que artellaba un entramado cultural que sustentaba un sistema social incuestionable.

Pasaron 400 anos e todo mudou pra que nada tivese mudado de veras, nada máis que as luces para escena.

Pra poñer un punto e seguido, moverse, móvese aquilo que está vivo. Óese nas profundidades algo grande que se move, oímolo todos. O poder está nervioso, non lle gustan os movementos, pode caer e cre ter moito que perder, probiño. Tam, tam ,tam, resoan os pelexos, tam, tam, tam.

Continuará, parece que sería unha serie de escritos, ou recomenzará, según me veña o día, xa se verá, tam.

Notas

^É latín tamén. Pedante? Bueno... máis pedante sería poñer anos exactos. Séculos 16 a 17, anos 1500 a 1699... hai uns 400 anos.